Nokia E52 - Axustes de conexión

background image

Axustes de conexión

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

.

Seleccione entre as seguintes opcións:

Bluetooth — Editar os axustes de Bluetooth.

USB — Editar os axustes do cable de datos.

Destinos — Fixar novos puntos de acceso ou editar os existentes. Pode que o

fornecedor de servizos fixara algúns ou todos os puntos de acceso para o seu dispositivo;

nese caso, é posible que non poida crealos, editalos ou eliminalos.

VPN — Xestionar os axustes de redes privadas virtuais.

Paquetes datos — Defina cando se utilizan as conexións de paquetes de datos, e

introduza o nome do punto de acceso de conmutación de paquetes predeterminado se

emprega o dispositivo como módem para un ordenador.

178 Axustes

background image

LAN inalámbrica — Defina o dispositivo para que amose un indicador cando haxa

dispoñible unha rede LAN sen fíos (WLAN), e defina a frecuencia coa que o dispositivo

busca redes.

Compartir vídeo — Activar o compartimento de vídeo, seleccionar o perfil SIP para

compartir vídeo e definir os axustes de almacenamento de vídeos.

Axustes de SIP — Ver ou crear perfís de protocolo de inicio de sesión (SIP).

Perfil de XDM — Crear un perfil XDM. O perfil XDM é necesario para moitas aplicacións

de comunicación, como por exemplo a presenza.

Presenza — Editar os axustes de presenza (servizo de rede). Para rexistrarse no servizo,

contacte co seu fornecedor de servizos.

Unid. remotas — Conectarse a unha unidade remota.

Configuracións — Ver e borrar os servidores de confianza dos que o seu dispositivo

pode recibir axustes de configuración.

Control APN — Restrinxir conexións de paquetes de datos.