Editar perfís SIP
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Axustes de SIP
.
Seleccione
Opcións
>
Editar
e escolla unha das seguintes opcións:
Nome do perfil — Introduza un nome para o perfil SIP.
Perfil de servizo — Seleccione
IETF
ou
Nokia 3GPP
.
Destino predeterminado — Seleccione o destino que desexa empregar para a
conexión á Internet.
Punto acceso predeterm. — Seleccione o punto de acceso que desexa empregar para
a conexión á Internet.
Nome de usuario público — Introduza o nome de usuario que lle facilitou o seu
fornecedor de servizos.
Usar compresión — Seleccione se se usa compresión.
Rexistro — Seleccione o modo de rexistro.
Usar seguridade — Seleccione se se usa negociación de seguridade.
Servidor proxy — Introduza os axustes do servidor proxy para este perfil SIP.
Servidor rexistro — Introduza os axustes do servidor de rexistro para este perfil SIP.