Nokia E52 - Creación dun punto de acceso novo

background image

Creación dun punto de acceso novo

Seleccione

Menú

>

Pan. control

e

Conectividade

>

Destinos

.

É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha mensaxe dun fornecedor de

servizos. Algúns ou todos os puntos de acceso poden preestablecerse para o dispositivo

polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible cambialos, crealos, editalos

ou eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( , , ), pode ver os tipos de puntos

de acceso:

indica un punto de acceso protexido

indica un punto de acceso de paquete de datos

indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)

Consello: Pode crear puntos de acceso á Internet nunha WLAN co asistente de WLAN.

Para crear un punto de acceso novo, seleccione

Punto de acceso

.

O dispositivo solicita a comprobación das conexións dispoñibles. Despois da busca, as

conexións que xa están dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un punto

de acceso novo.

Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un método de conexión e que defina

os axustes necesarios.

Axustes 179

background image

Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un dos grupos de puntos de acceso e

seleccione un punto de acceso. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.

Nome da conexión — Permite inserir un nome para a conexión.

Portador de datos — Permite seleccionar o tipo de conexión de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán dispoñibles determinados

campos de axustes. Encha todos os campos marcados con

Cómpre definir

ou cun

símbolo * vermello. É posible deixar en branco outros campos, excepto se o fornecedor

de servizos indica o contrario.

Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o fornecedor de servizos admita esta

función e, se é necesario, a active para a súa tarxeta SIM.