Crear grupos de punto de acceso
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de punto de acceso para a conexión a
unha rede.
Para evitar seleccionar que punto de acceso utilizar cada vez que o dispositivo tente
conectarse a unha rede, pode crear un grupo que conteña varios puntos de acceso e
definir a orde na que se utilizan os puntos de acceso para conectarse a unha rede.
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e puntos de acceso de
paquetes de datos a un grupo de puntos de acceso á Internet e usar o grupo para
navegar pola web. Se lle outorga a prioridade máis alta ao punto de acceso á rede WLAN,
o dispositivo conectarase á Internet por medio dunha WLAN se estivese dispoñible, e
por medio dunha conexión de paquetes de datos se non estivese.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo
destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de acceso, seleccione o grupo e
Opcións
>
Novo punto de acceso
. Para copiar un punto de acceso existente doutro
grupo, seleccione o grupo, desprácese ata un punto de acceso existente e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro destino
.
Para cambiar a orde de prioridade dos puntos de acceso dentro dun grupo, desprácese
a un punto de acceso e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.
180 Axustes