Puntos de acceso de paquete de datos
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
>
Punto de
acceso
, e siga as instrucións que se amosan na pantalla. Tamén pode abrir un dos
grupos de punto de acceso e seleccionar un punto de acceso marcado con
.
Use as instrucións subministradas polo seu fornecedor de servizos para editar as
seguintes opcións:
Nome punto de acceso — O seu fornecedor de servizos facilitaralle o nome do punto
de acceso.
Nome de usuario — É posible que sexa necesario o nome de usuario para realizar
unha conexión de datos. Este nome de usuario obtense normalmente do fornecedor de
servizos.
Petición contrasinal — Se quere que o dispositivo lle solicite o contrasinal cada vez
que inicia sesión nun servidor ou se non desexa gardar o contrasinal no dispositivo,
seleccione
Si
.
Contrasinal — É posible que sexa necesario un contrasinal para realizar unha conexión
de datos. Este contrasinal obtense normalmente do fornecedor de servizos.
Autenticación — Seleccione
Segura
para enviar sempre o seu contrasinal codificado
ou
Normal
para enviar o contrasinal codificado cando sexa posible.
Páxina de inicio — Dependendo do tipo de punto de acceso que configure, insira o
enderezo web ou o enderezo do centro de mensaxería multimedia.
Usar punto de acceso — Seleccione
Tras confirmación
para facer que o dispositivo
lle solicite confirmación antes de establecer a conexión usando este punto de acceso ou
Automaticamente
para facer que o dispositivo se conecte ao destino usando este
punto de acceso automaticamente.
Seleccione
Opcións
>
Axustes avanzados
e unha das seguintes opcións:
Tipo de rede — Seleccione o tipo de protocolo da Internet para transferir datos dende
e para o dispositivo. O resto de axustes dependerán do tipo de rede seleccionado.
Enderezo IP teléfono (só para IPv4): — Insira o enderezo IP do dispositivo.
Enderezos DNS — Insira os enderezos IP dos servidores DNS primario e secundario, se
o require o seu fornecedor de servizos. Para obter estes enderezos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos da Internet.
Enderezo servidor proxy — Insira o enderezo do servidor proxy.
Nº de porto proxy — Insira o número de porto do servidor proxy.