Axustes de ton
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
.
Seleccione
Xeral
>
Personalización
>
Tons
e escolla entre as seguintes.
Ton de chamada — Seleccione un ton de chamada na lista ou seleccione
Descargar
sons
para abrir un cartafol de favoritos que conteña unha lista de favoritos para
descargar tons usando o navegador. Se está a usar dúas liñas telefónicas alternas, pode
especificar un ton de chamada para cada liña.
Ton de videochamada — Seleccionar un ton de chamada para as videochamadas.
Dicir nome do chamante — Se selecciona este axuste e algún dos seus contactos o
chama, o dispositivo emite un ton de chamada que é unha combinación do nome falado
do contacto e do ton de chamada seleccionado.
Tipo de ton — Seleccionar a alerta do ton de chamada.
Volume do ton — Axustar o nivel de volume do ton de chamada.
172 Axustes
Ton de aviso de mensaxe — Seleccionar un ton para as mensaxes de texto recibidas.
Ton de aviso de correo — Seleccionar un ton para as mensaxes de correo electrónico
recibidas.
Ton alarma de axenda — Seleccionar un ton para as alertas da Axenda.
Ton alarma reloxo — Seleccionar un ton para as alarmas.
Aviso por vibración — Axustar o dispositivo para que vibre ao recibir unha chamada
ou unha mensaxe.
Tons do teclado — Axustar o nivel de volume dos tons do teclado.
Tons de advertencia — Acender ou apagar os tons de advertencia.