Nokia E52 - Seguridade do dispositivo e da tarxeta SIM

background image

Seguridade do dispositivo e da tarxeta SIM

Para cambiar o código PIN, seleccione

Teléfono e tarxeta SIM

>

Código PIN

. O novo

código debe ter de 4 a 8 díxitos. O código PIN protexe a súa tarxeta SIM contra o uso

non autorizado e vén subministrado coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito

incorrecto tres veces consecutivas, o código bloquearase e necesitará o código PUK para

desbloquealo antes de poder utilizar a tarxeta SIM de novo.

Para facer que o teclado se bloquee automaticamente despois dun período definido,

seleccione

Teléfono e tarxeta SIM

>

Temp. bloq. autom. tecl.

.

Para definir un tempo de espera despois do que o dispositivo se bloqueará

automaticamente e só se poderá utilizar despois de inserir o código de bloqueo

correcto, seleccione

Teléfono e tarxeta SIM

>

Tempo bloq. autom. tlf.

. Insira un

número para o tempo de espera en minutos ou seleccione

Ningún

para desactivar o

período de bloqueo automático. Cando o dispositivo está bloqueado, pode recibir

chamadas entrantes e pode facer chamadas ao número de emerxencia oficial

programado no dispositivo.

Para fixar un código de bloqueo novo, seleccione

Teléfono e tarxeta SIM

>

Código de

bloqueo

. O código de bloqueo preestablecido é 12345. Insira o código actual e, a

continuación, o novo código dúas veces. O novo código pode ter de 4 a 255 caracteres.

Axustes 175

background image

Pode empregar letras e números e admítense tanto letras maiúsculas coma minúsculas.

O dispositivo avisarao se o código de bloqueo non ten o formato correcto.