Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo permite realizar conexións sen fíos
entre dispositivos electrónicos nun espazo de 10 metros. A conexión Bluetooth pódese
empregar para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da axenda ou para
conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía Bluetooth utilizan ondas de radio,
o seu dispositivo e os outros dispositivos non precisan estar apuntando uns cara aos
outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha distancia máxima de 10 metros,
aínda que a conexión pode estar suxeita a interferencias de obstrucións como paredes
ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por exemplo, se o seu dispositivo está
conectado a un auricular, tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos
compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: Advanced Audio Distribution, Audio Video Remote Control, Basic
Imaging, Basic Printing, Dial-up Networking, File Transfer, Generic Access, Hands-free,
Headset, Human Interface Device, Local Positioning, Object Push, Phone Book Access,
SIM Access, Serial Port, Video Distribution . Para asegurar a interoperabilidade con
outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.