Enviar e recibir datos con Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
1 Cando activa a conexión Bluetooth por primeira vez, solicítaselle que defina un
nome para o seu dispositivo. Póñalle un nome único ao dispositivo para que sexa
doado recoñecelo se hai varios dispositivos Bluetooth.
2 Seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
3 Seleccione
Visibilid. do meu teléfono
>
Amosado a todos
ou
Definir período
.
Se selecciona
Definir período
, terá que definir o tempo durante o cal o seu
dispositivo é visible para outros. O seu dispositivo e o nome que lle puxo poden ser
vistos agora por outros usuarios que posúan dispositivos equipados con tecnoloxía
Bluetooth.
4 Abra a aplicación onde se garda o elemento que desexa enviar.
5 Seleccione un elemento e
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
. O dispositivo busca
dentro do seu alcance outros dispositivos Bluetooth e lístaos.
150 Conectividade
Consello: Se enviou datos usando Bluetooth anteriormente, amosarase unha lista
cos resultados das buscas anteriores. Para buscar máis dispositivos Bluetooth,
seleccione
Máis dispositivos
.
6 Seleccione o dispositivo co que desexa conectar. Se o outro dispositivo realiza unha
petición de vinculación para poder transferir os datos, pediráselle que insira un
código.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe
Enviando datos
.
O cartafol Enviados da aplicación Mensaxería non almacena mensaxes enviados por
medio de Bluetooth.
Para recibir datos usando a conectividade Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
e
Visibilid. do meu teléfono
>
Amosado a todos
para recibir datos dun dispositivo
non vinculado ou
Oculto
para recibir datos só dende un dispositivo vinculado. Cando
recibe datos por Bluetooth, dependendo dos axustes dun perfil activo, escóitase un son
e pregúntaselle se quere aceptar a mensaxe na que se inclúen os datos. Se acepta, a
mensaxe gardarase no cartafol da Caixa de entrada da aplicación Mensaxería.
Consello: Pode acceder aos ficheiros gardados no dispositivo ou na tarxeta de memoria
utilizando un accesorio compatible co servizo File Transfer Profile Client (por exemplo,
un ordenador portátil).
A conexión Bluetooth remata automaticamente despois do envío ou recepción de datos.
Só Nokia PC Suite e algúns accesorios, como por exemplo auriculares, poden manter
unha conexión aínda que non se estean a utilizar.