Vincular dispositivos
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio código (1-16 díxitos) e acorde utilizar o mesmo
código co usuario do outro dispositivo. Os dispositivos sen interface de usuario teñen
un código fixo. Só precisa o código ao conectar os dispositivos por primeira vez. Despois
da vinculación pódese autorizar a conexión. A vinculación e autorización da conexión
fan que esta sexa máis rápida e sinxela, xa que non terá que aceptar a conexión entre
dispositivos vinculados cada vez que estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter 16 díxitos.
No modo de SIM remota é posible utilizar a tarxeta SIM do seu dispositivo con accesorios
compatibles.
Conectividade 151
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.
1 Seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
. O dispositivo comeza a buscar
dispositivos Bluetooth ao alcance. Se enviou datos usando Bluetooth
anteriormente, amosarase unha lista cos resultados das buscas anteriores. Para
buscar máis dispositivos Bluetooth, seleccione
Máis dispositivos
.
2 Seleccione o dispositivo co que desexa establecer a vinculación e insira o código.
Cómpre introducir o mesmo código tamén no outro dispositivo.
3 Para establecer a conexión entre o seu dispositivo e o outro dispositivo
automaticamente, seleccione
Si
. Para confirmar a conexión manualmente cada vez
que se tente establecer unha conexión, seleccione
Non
. Despois da vinculación, o
dispositivo memorizarase na páxina de dispositivos vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo vinculado, seleccione
Opcións
>
Asignar nome
curto
. O alcume visualízase no dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o dispositivo do que quere borrar a vinculación
e
Opcións
>
Borrar
. Para borrar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar
todos
. Se cancela a vinculación cun dispositivo co que está actualmente conectado, a
vinculación eliminarase inmediatamente e a conexión rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado se conecte automaticamente ao seu
dispositivo, seleccione
Fixar como autorizado
. As conexións entre o seu dispositivo e
outros dispositivos pódense facer sen o seu coñecemento. Non é necesaria unha
aceptación ou autorización por separado. Use este estado só para os seus propios
dispositivos, como o seu auricular ou ordenador compatibles, ou para dispositivos que
pertenzan a persoas da súa confianza. Se desexa aceptar peticións de conexión do outro
dispositivo individualmente cada vez, seleccione
Fixar non autorizado
.
Para empregar un accesorio de son Bluetooth como un mans libres ou un auricular
Bluetooth, terá que vincular o seu dispositivo co accesorio. Para información verbo do
código e máis instrucións, consulte a guía de usuario de accesorios. Para conectar cun
accesorio de son, conecte o accesorio. Algúns accesorios de son conéctanse
automaticamente ao seu dispositivo. Do contrario, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
.
152 Conectividade