Cable de datos
Para evitar datos danados, non desconecte o cable de datos USB durante a transferencia
de datos.
Transferir datos entre o dispositivo e un PC
1 Insira unha tarxeta de memoria no seu dispositivo e conécteo a un ordenador
compatible por medio do cable de datos.
2 Cando o dispositivo lle pregunte qué modo utilizar, seleccione
Almacenaxe
masiva
. Neste modo, o dispositivo visualízase no ordenador como memoria
extraíble.
3 Remate a conexión dende o ordenador (por exemplo, co asistente para desconectar
ou quitar hardware de forma segura en Microsoft Windows) para evitar danar a
tarxeta de memoria.
Para utilizar Nokia PC Suite no dispositivo, instale Nokia PC Suite no PC, conecte o cable
de datos e seleccione
PC Suite
.
Para utilizar o dispositivo coa fin de conectar o PC a Internet, conecte o cable de datos
e seleccione
Conectar PC á web
.
Para sincronizar a música do dispositivo co Reprodutor de Música de Nokia, instale o
software do Reprodutor de Música de Nokia no PC, conecte o cable de datos e seleccione
PC Suite
.
Para imprimir imaxes nunha impresora compatible, seleccione
Transferencia
imaxes
.
Para cambiar o modo de USB que utiliza normalmente co cable de datos, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
USB
e
Modo de conexión USB
máis a opción
requirida.
Para que o dispositivo lle pregunte polo modo cada vez que conecte o cable de datos
ao dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
USB
e
Pregunt. ao
conectar
>
Si
.