Nokia E52 - Acerca da WLAN

background image

Acerca da WLAN

O dispositivo pode detectar redes de área local sen fíos (WLAN) e conectarse a elas.

Mediante unha WLAN, é posible conectar o dispositivo á Internet e a dispositivos

compatibles que admitan as redes WLAN.
Para empregar unha conexión WLAN, precisa o seguinte:

Cómpre que exista unha WLAN dispoñible na súa localización.

O dispositivo debe estar conectado á WLAN. Algunhas WLAN están protexidas, e

precisa dunha clave de acceso do seu fornecedor de servizos para conectarse a elas.

154 Conectividade

background image

Un punto de acceso á Internet creado para a WLAN. Utilice o punto de acceso para

as aplicacións que necesitan conectarse á Internet.

As conexións WLAN establécense cando crea unha conexión de datos mediante un punto

de acceso Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a conexión de

datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou cando o paquete de datos está

activo. Só pode estar conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN á vez, pero

varias aplicacións poden utilizar o mesmo punto de acceso.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen autorización para executarse en

segundo plano mentres se utilizan outras funcións, aumentan a demanda de enerxía

da batería e reducen a vida útil da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:

IEEE 802.11b/g estándar

Funcionamento a 2,4 GHz

Métodos de autenticación WEP, WPA/WPA2 e 802.1x. Estas funcións pódense utilizar

só se a rede as admite.

Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado dispoñibles para

aumentar a seguridade da conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o risco

de que accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode utilizar a WLAN (se está

dispoñible). Recorde cumprir con tódolos requisitos de seguridade aplicables cando

estableza e utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC único que identifica o seu dispositivo, insira

*#62209526# na pantalla de inicio.

Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns países.

Por exemplo, en Francia só está permitido utilizar redes WLAN en lugares interiores.

Para obter máis información, contacte coas súas autoridades locais.