Asistente de WLAN
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Asist. WLAN
.
O asistente WLAN axúdalle a buscar e conectarse a unha LAN (WLAN) sen fíos. Cando
abre a aplicación, o dispositivo comeza a buscar redes WLAN e amósaas en forma de
lista.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Actualizar — Actualice a lista de WLAN dispoñibles.
Filtrar redes WLAN — Permite filtrar as WLAN na lista de redes atopadas. As redes
seleccionadas filtraranse a próxima vez que a aplicación busque WLAN.
Iniciar navegación web — Comezar a navegar na web usando o punto de acceso da
WLAN.
Continuar navegac. web — Seguir navegando na web usando a conexión WLAN activa
nese momento.
Desconectar WLAN — Desconectar a conexión activa á WLAN.
Detalles — Ver os detalles da WLAN.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado dispoñibles para
aumentar a seguridade da conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o risco
de que accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
Usar o asistente de WLAN na pantalla de inicio
Na pantalla de inicio o asistente de WLAN amosa o estado das buscas de redes e
conexións de WLAN. Se o asistente WLAN non está activado por defecto na pantalla de
inicio, pode activalo nos axustes da pantalla de inicio.
Para ver as opcións dispoñibles, seleccione a fileira que amosa o estado. Dependendo
do estado, pode iniciar o navegador web usando unha conexión WLAN, conectar co seu
servizo de chamadas da Internet, desconectarse dunha WLAN, buscar redes WLAN, ou
activar ou desactivar a busca de redes.
Se a busca de WLAN está desactivada e non está conectado a ningunha WLAN, amosarase
Búsqueda WLAN desactivada
na pantalla de inicio.
Para habilitar a busca de WLAN e buscar redes WLAN dispoñibles, seleccione a fileira
que amosa o estado.
Para iniciar unha busca de redes WLAN dispoñibles, seleccione a fileira que amosa o
estado e
Buscar WLAN
.
156 Conectividade
Para deshabilitar a busca de redes WLAN, seleccione a fileira que amosa o estado e
Descon. búsq. WLAN
.
Cando se selecciona
Iniciar navegación web
ou
Usar para
, o asistente de WLAN crea
automaticamente un punto de acceso para a WLAN seleccionada. O punto de acceso
tamén se pode utilizar con outras aplicacións que requiren unha conexión WLAN.
Se selecciona unha rede WLAN segura, solicitaráselle que insira os códigos
correspondentes. Para conectarse a unha rede oculta, debe introducir o identificador
de configuración do servizo correcto (SSID).
Para usar a WLAN atopada nunha conexión de chamada da Internet, seleccione a fileira
que amosa o estado,
Usar para
, o servizo de chamada da Internet desexado e a WLAN
que quere usar.