Perfil de acceso SIM
Co perfil de acceso SIM, pode acceder á tarxeta SIM do seu dispositivo dende un
dispositivo de kit de coche compatible. Desta forma, non precisa unha tarxeta SIM
independente para acceder aos datos de tarxeta SIM e conectarse á rede GSM.
Para usar o perfil de acceso SIM, precisa o seguinte:
•
Un dispositivo de kit de coche compatible que admita a tecnoloxía sen fíos Bluetooth
•
Unha tarxeta SIM válida no seu dispositivo
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.
Conectividade 153
Para obter máis información dos dispositivos de kit de coche e a compatibilidade co seu
dispositivo, visite o sitio web de Nokia e a guía do usuario do kit de coche.
Usar o perfil de acceso SIM
1 Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e
Modo SIM
remota
>
Activado
.
2 Active a conectividade Bluetooth no kit de coche.
3 Use o kit de coche para comezar a buscar dispositivos compatibles. Para obter
instrucións, consulte a guía do usuario do kit de coche.
4 Seleccione o seu dispositivo da lista de dispositivos compatibles.
5 Para vincular os dispositivos, introduza o código Bluetooth que se amosa na
pantalla do kit de coche no seu dispositivo.
Consello: Se xa accedeu a tarxeta SIM dende o kit de coche co perfil de usuario activo,
o kit de coche busca automaticamente un dispositivo coa tarxeta SIM. Se atopa o seu
dispositivo e está activada a autorización automática, o kit de coche conéctase
automaticamente á rede GSM ao acender o coche.
Cando se activa o perfil de acceso SIM remota, pode usar aplicacións no seu dispositivo
que non precisen a rede ou os servizos SIM.
Para facer conexións entre o dispositivo e o kit de coche sen unha aceptación ou
autorización, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e abra a
ficha de dispositivos vinculados. Seleccione o kit de coche e
Fixar como autorizado
e
responda
Si
á pregunta de confirmación. Se o kit de coche se configurou como non
autorizado, as solicitudes de conexión dende o mesmo débense aceptar de cada vez.
Para finalizar a conexión de acceso SIM remota dende o seu dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e
Modo SIM remota
>
Desactivado
.