Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa mediante o sistema de posicionamento
baseado en GPS, A-GPS, WLAN ou ID de cela.
O GPS (Sistema de Posicionamento Global) é un sistema de navegación baseado en
satélite empregado para calcular a súa posición. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de
rede que lle envía os datos do GPS, mellorando a velocidade e precisión do
posicionamento.
O posicionamento mediante rede de área local sen fíos (WLAN) mellora a precisión do
posicionamento cando os sinais de GPS non se atopan dispoñibles, especialmente cando
se atopa en lugares interiores ou entre edificios altos.
Mediante o posicionamento baseado en ID de cela, a posición determínase mediante a
antena de telecomunicacións á que se atopa conectado o seu dispositivo móbil nestes
intres.
En función do método de posicionamento dispoñible, é posible que a precisión do
posicionamento varíe entre uns metros e varios quilómetros.
Cando utilice Mapas por primeira vez, solicitaráselle que defina o punto de acceso á
Internet que desexa usar para descargar a información do mapa, que empregue A-GPS
ou que se conecte a unha rede WLAN.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión
dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política
de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación
federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden
verse afectadas pola súa localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de
polas condicións meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no
interior dos edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible
a través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e vostede
non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos
sinais GPS.
100 De viaxe
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns países.
Por exemplo, en Francia só está permitido utilizar redes WLAN en lugares interiores.
Para obter máis información, contacte coas súas autoridades locais.