Nokia E52 - Ver a súa localización e o mapa

background image

Ver a súa localización e o mapa

Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de diferentes cidades e países.
Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Mapas

e

M. posic.

.

marca a súa situación actual, se está dispoñible. Se a súa posición non está

dispoñible, indica a súa última posición coñecida.
Se soamente se atopa dispoñible o posicionamento baseado na ID de cela, un halo

vermello arredor da icona de posicionamento indica a zona xeral na que debería estar.

En zonas densamente poboadas, aumenta a precisión da estimación e o halo vermello

é máis pequeno que nas zonas pouco poboadas.
Moverse polo mapa

Utilice a tecla de desprazamento. O mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida

Prema 0.

Ampliar ou reducir unha imaxe

Prema * ou #.

98 De viaxe

background image

Se se despraza ata unha zona non cuberta polos mapas que se atopan gardados no seu

dispositivo e dispón dunha conexión de datos activa, descargaranse automaticamente

mapas novos.
A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.