Nokia E52 - Datos do GPS

background image

Datos do GPS

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Datos GPS

.

Datos do GPS está deseñada para fornecer información de guía de ruta a un destino

seleccionado, información de posición acerca da súa localización actual e información

da viaxe, como a distancia aproximada ao destino e a duración aproximada desta.
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o sistema de coordenadas internacional

WGS-84.
Para usar Datos do GPS, en primeiro lugar o receptor de GPS do seu dispositivo debe

recibir información de posición de polo menos catro satélites para calcular a súa

situación. Despois do cálculo inicial pode que sexa posible seguir calculando as

coordenadas da súa posición con tres satélites. No entanto, a precisión adoita mellorar

cando se atopan máis satélites.