Guía de ruta
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Datos GPS
e
Navegación
.
Inicie a guía de ruta nun lugar ao aire libre. Se a inicia nun lugar interior, pode que o
receptor GPS non reciba a información necesaria dos satélites.
A guía de ruta utiliza un compás xiratorio na pantalla do teléfono. Un punto vermello
amosa a dirección cara ao destino, e a distancia aproximada amósase dentro do anel
do compás.
A guía de ruta serve para amosar a ruta máis directa e a distancia máis curta ao seu
destino, medidas en liña recta. Os obstáculos que se atopan na ruta, como edificios e
obstáculos naturais non se teñen en conta. As diferenzas de altitude non se teñen en
conta cando se calcula a distancia. A guía de ruta está activa só cando vostede se move.
Para axustar o destino da súa viaxe, seleccione
Opcións
>
Fixar destino
e un marcador
como o destino, ou insira as coordenadas de latitude e lonxitude.
96 De viaxe
Para borrar o destino fixado para a súa viaxe, seleccione
Deter navegación
.