Nokia E52 - GPS asistido (A-GPS)

background image

GPS asistido (A-GPS)

O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS require cobertura de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia técnica mediante unha

conexión de paquetes de datos, que axuda a calcular as coordenadas da súa localización

actual cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil por satélite dende un

servidor de datos de asistencia a través da rede móbil. Coa axuda dos datos de asistencia,

o seu dispositivo pode obter a localización do GPS de xeito más rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o servizo A-GPS de Nokia, se

non se atopan dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos específico.

Os datos de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS de Nokia só cando

é necesario.

De viaxe 93

background image

Para desactivar o servizo A-GPS, seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Datos GPS

e

Opcións

>

Axustes posicionamento

>

Métodos posicionamento

>

GPS asistido

>

Opcións

>

Desactivar

.

Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no dispositivo para recuperar os

datos de asistencia do servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes de

datos. O punto de acceso para A-GPS pódese definir nos axustes de posicionamento.

Para este servizo non se pode utilizar un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN). Só se

pode utilizar un punto de acceso á Internet de paquetes de datos. O dispositivo solicita

que seleccione o punto de acceso á Internet cando o GPS se utiliza por primeira vez.