Marcadores
Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a información de posición de
localizacións específicas. Pode clasificar en diferentes categorías as localizacións
gardadas, como, por exemplo, negocios, e engadirlles máis información, como, por
exemplo, enderezos. Pode usar os marcadores gardados en aplicacións compatibles,
como datos do GPS.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Marcadores
.
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o sistema de coordenadas WGS-84
internacional.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Novo marcador — Cree un novo marcador. Para efectuar unha solicitude de
posicionamento para a súa localización actual, seleccione
Posición actual
. Para
seleccionar a localización no mapa, seleccione
Seleccionar no mapa
. Para inserir
manualmente a información de posición, seleccione
Intro. manualmente
.
De viaxe 95
Editar — Edite ou engada información a un marcador gardado (por exemplo, un
enderezo dunha rúa).
Engadir á categoría — Engada un marcador a unha categoría nos Marcadores.
Seleccione cada categoría á que desexe engadir o marcador.
Enviar — Envíe un ou varios marcadores a un dispositivo compatible. Os marcadores
recibidos gárdanse no cartafol Caixa de entrada en Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas e crear categorías novas. Para
editar e crear novas categorías de marcadores, abra a ficha de categorías e seleccione
Opcións
>
Editar categorías
.