Accións comúns a varias aplicacións
As seguintes accións pódense atopar en varias aplicacións:
Para cambiar o perfil, apagar ou bloquear o dispositivo, prema brevemente a tecla de
acendido.
Se unha aplicación ten varias fichas (ver ilustración), desprácese cara á dereita ou
esquerda para abrir unha desas fichas.
Para gardar os axustes despois de configurar unha aplicación, seleccione
Atrás
.
Para gardar un ficheiro, seleccione
Opcións
>
Gardar
. Hai distintas opcións de
almacenamento segundo a aplicación que se estea a utilizar.
Para enviar un ficheiro, seleccione
Opcións
>
Enviar
. Pode enviar un ficheiro ben nun
correo electrónico ou nunha mensaxe multimedia, ben empregando diversos métodos
de conectividade.
Para copiar, manteña pulsada a tecla maiúsculas e seleccione o texto coa tecla de
desprazamento. Manteña pulsada a tecla maiúsculas e seleccione
Copiar
. Para pegar,
desprácese ata onde queira pegar o texto, manteña pulsada a tecla maiúsculas e
seleccione
Pegar
. Este método pode non funcionar en aplicacións que teñan os seus
propios comandos de copiar e pegar.
Para seleccionar distintos elementos, como por exemplo mensaxes, ficheiros ou
contactos, desprácese ata o elemento que desexe seleccionar. Seleccione
Opcións
>
Funcións básicas do Nokia E52 33
Marcar/Desmarcar
>
Marcar
para seleccionar un elemento ou
Opcións
>
Marcar/
Desmarcar
>
Marcar todo
para seleccionar todos os elementos.
Consello: Para seleccionar case todos os elementos, seleccione primeiro
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
>
Marcar todo
, logo seleccione os elementos que non desexa e
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
>
Desmarcar
.
Para seleccionar un obxecto (por exemplo, un anexo nun documento) desprácese ata o
obxecto de xeito que aparezan uns marcadores cadrados a cada lado do obxecto.