Entrada de texto tradicional
indica a entrada de texto tradicional.
e
indican se están seleccionadas as maiúsculas ou as minúsculas.
indica que a primeira letra da oración se escribe con maiúscula e o resto se escribe
automaticamente en minúscula.
indica o modo numérico.
Para escribir texto co teclado, prema repetidamente unha das teclas numéricas (2-9)
ata que apareza o carácter desexado. Existen máis caracteres dispoñibles para unha
tecla numérica que as que aparecen impresas na tecla. Se a seguinte letra está situada
na mesma tecla que a actual, agarde ata que apareza o cursor e despois introduza a
letra.
Para introducir un número, manteña premida a tecla numérica.
Para alternar entre os diferentes modos de carácter e entre maiúsculas e minúsculas,
prema #.
Para borrar un carácter, prema a tecla de retroceso. Manteña premida a tecla de
retroceso para eliminar máis dun carácter.
Para inserir os signos de puntuación máis comúns, prema 1 repetidamente ata que
apareza o signo de puntuación desexado.
Para engadir caracteres especiais, manteña premido *.
Funcións básicas do Nokia E52 31
Para inserir unha emoticona, prema * e seleccione
Máis emoticonas
e unha emoticona.
Para inserir un espazo, prema 0. Para inserir unha quebra de liña, prema 0 tres veces.