Introdución de texto preditivo
Coa introdución preditiva pode introducir calquera letra pulsando unha tecla unha soa
vez. A inserción de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado.
Para activar ou desactivar a introdución de texto preditivo, seleccione
Opcións
>
Opcións de entrada
. O indicador
visualízase.
Ao empezar a escribir unha palabra, o dispositivo propón palabras posibles. Cando atope
a palabra correcta, prema a tecla de espazo (0) para confirmala e engadir un espazo.
Ao escribir pode desprazarse cara a abaixo para acceder a unha lista das palabras
propostas. Se a palabra desexada está na lista, selecciónea.
Se se visualiza o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir non se
atopa no dicionario. Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione
Escribir
,
introduza a palabra mediante a entrada de texto tradicional e seleccione
Aceptar
.
Cando o dicionario está cheo, a palabra nova substitúe a palabra máis vella.
Para desactivar a función de completar palabras automaticamente, seleccione
Opcións
>
Opcións de entrada
>
Axustes
.
Para cambiar o idioma de escritura, seleccione
Opcións
>
Opcións de entrada
>
Idioma de escritura
.