Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha rede UMTS (servizo de rede).
O nivel de carga da batería. Canto máis alta sexa a barra, maior será o nivel
de carga da batería.
Ten unha ou máis mensaxes sen ler na carpeta Caixa de entrada en
Mensaxería.
Recibiu correo electrónico novo na caixa do correo remoto.
Hai mensaxes esperando a saír na carpeta Caixa de saída en Mensaxería.
Ten unha ou máis chamadas perdidas.
As teclas do dispositivo están bloqueadas.
Unha alarma está activada.
Activou o perfil de silencio e o dispositivo non avisa con ton dunha chamada
ou dunha mensaxe entrantes.
A conectividade Bluetooth está activada.
Funcións básicas do Nokia E52 29
Establécese unha conexión Bluetooth. Cando o indicador escintila, o
dispositivo está intentando conectar con outro dispositivo.
Hai unha conexión de paquete de datos GPRS dispoñible (servizo de rede).
indica que a conexión está activada. indica que a conexión está en espera.
Hai unha conexión de paquete de datos EGPRS dispoñible (servizo de rede).
indica que a conexión está activada. indica que a conexión está en
espera.
Hai unha conexión de paquete de datos UMTS dispoñible (servizo de rede).
indica que a conexión está activada. indica que a conexión está en
espera.
O acceso de paquetes a alta velocidade (HSPA) é admitido e está dispoñible
(servizo de rede). A icona pode variar en cada rexión. indica que a
conexión está activada. indica que a conexión está en espera.
Axustou o dispositivo para buscar redes LAN sen fíos (WLAN) e hai unha
WLAN dispoñible.
Unha conexión WLAN está activa nunha rede que non ten cifrado.
Unha conexión WLAN está activa nunha rede que ten cifrado.
O dispositivo está conectado a un ordenador cun cable de datos USB.
Estase a utilizar a segunda liña telefónica (servizo de rede).
Todas as chamadas se desvían a outro número. Se ten dúas liñas de
teléfono, un número indica a liña activa.
Hai uns auriculares conectados ao dispositivo.
Hai un kit de automóbil de mans libres conectado ao dispositivo.
Hai un amplificador auditivo conectado ao dispositivo.
30 Funcións básicas do Nokia E52
Hai un teléfono de texto conectado ao dispositivo.
O dispositivo está a sincronizar.
Hai unha conexión Premer para falar (PTT) en curso.
A conexión de Premer para falar está en modo de non molestar porque o
tipo de ton do dispositivo está axustado en
Un bip
ou en
Silencio
, ou
vostede ten unha chamada entrante ou en curso. Neste modo non pode
facer chamadas PTT.