Memoria libre
Para ver canta memoria está dispoñible para os diferentes tipos de datos, seleccione
Menú
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
Moitas funcións do dispositivo usan memoria para almacenar datos. O dispositivo
notifícalle se a memoria dispoñible se está a esgotar.
Para liberar memoria, transfira os datos a unha memoria alternativa (si está dispoñible)
ou a un ordenador compatible.
Para eliminar datos que xa non necesita, use o Xestor de ficheiros ou a aplicación
correspondente. Pode eliminar o seguinte:
•
Mensaxes das carpetas de Mensaxería e mensaxes de correo electrónico
recuperados da caixa do correo
•
Páxinas web gardadas
•
Información de contacto
•
Notas da axenda
•
Aplicacións amosadas no Xestor de aplicacións que non necesita
•
Ficheiros de instalación (con extensións .sis ou .sisx) de aplicacións instaladas. Faga
unha copia de seguridade dos ficheiros de instalación a un ordenador compatible.
•
Imaxes e videoclips de Fotos. Faga unha copia de seguridade dos ficheiros nun
ordenador compatible mediante Nokia PC Suite.