Nokia E52 - Menú

background image

Menú

Seleccione

Menú

.

O menú é un punto de partida dende o que se poden abrir todas as aplicacións do

dispositivo ou dunha tarxeta de memoria.
O menú contén aplicacións e cartafoles, que son grupos de aplicacións similares. Todas

as aplicacións que vostede mesmo instale no dispositivo gárdanse de forma

predeterminada no cartafol Aplicacións.

Para abrir unha aplicación, selecciónea, é dicir, desprácese ata ela e prema a tecla de

desprazamento.

Para cambiar dunha aplicación aberta a outra, manteña premida a tecla de inicio e

seleccione a aplicación.
Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía e

reduce a duración da batería.

Seleccione

Opcións

e escolla entre as seguintes:

Cambiar vista Menú — Vexa aplicacións nunha lista ou nunha cuadrícula.

28 Funcións básicas do Nokia E52

background image

Detalles da memoria — Ver o consumo de memoria das diferentes aplicacións e datos

almacenados no dispositivo ou tarxeta de memoria e para comprobar a cantidade de

memoria libre.

Nova carpeta — Cree un novo cartafol.

Renomear — Renomee un novo cartafol.

Mover — Reorganice o cartafol. Desprácese ata a aplicación que desexa mover e

seleccione

Mover

. Unha marca de comprobación aparece a carón da aplicación.

Desprácese a unha nova situación e seleccione

Aceptar

.

Mover á carpeta — Mova unha aplicación a outro cartafol. Desprácese ata a aplicación

que desexa mover e seleccione

Mover á carpeta

, o novo cartafol e

Aceptar

.

Descargar aplicacións — Descargue aplicacións da web.