Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións programadas
polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a través da Internet (chamadas da Internet), active as chamadas da
Internet e o teléfono móbil. O dispositivo pode intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e do
fornecedor de chamadas da Internet se se atopan activados ámbolos dous. Non se pode garantir que as conexións funcionen
en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar comunicacións importantes, coma
urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. En función do dispositivo, é
posible que tamén necesite realizar o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.
3
Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de emerxencia poden variar en cada localidade.
4
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible que
o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.