Dispositivos médicos
A utilización de equipos de transmisión por radio, incluídos os teléfonos sen fíos, pode producir interferencias no funcionamento
de dispositivos médicos incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo médico
para determinar se se atopa axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia externa. Apague o dispositivo cando así
o esixan as normativas correspondentes. É posible que os hospitais ou os centros de atención médica utilicen equipos que
resulten sensibles á enerxía de radiofrecuencia externa.