Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non superar os límites de exposición ás ondas de
radiofrecuencia recomendadas polas directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu estas
directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as persoas, independentemente
da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice de
Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento estándar co
dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun
dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está deseñado para empregar
só a enerxía xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número de factores, como a que distancia
se atopa dunha estación base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 1,30
Watt/kg.
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR poden variar
dependendo das necesidades de información e probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR
adicional, consulte a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.
198 Información do produto e de seguridade