Nokia E52 - Vehículos

background image

Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos vehículos,

por exemplo, os sistemas de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos

e os sistemas de airbag. Para obter máis información, consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou reparación

defectuosa pode resultar perigosa e pode invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen fíos

do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte líquidos inflamables, gases ou materiais

explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que os airbag despréganse

con gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na zona onde se desprega o airbag.

Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar perigoso

para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.