Navegación polas páxinas
Durante a navegación por unha páxina web de grandes dimensións, pode usar o
Minimapa ou a Vista xeral da páxina para ver a páxina dunha ollada.
Seleccione
Menú
>
Web
.
Activación do Minimapa
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Xeral
>
Minimapa
>
Activado
.
Ao se desprazar por unha páxina web grande, ábrese o Minimapa e amósase unha vista
xeral da páxina.
Desprazamento polo Minimapa
Desprácese cara á esquerda, dereita, arriba ou abaixo. Cando atope a posición desexada,
deteña o desprazamento. O Minimapa desaparece e vostede queda na situación
seleccionada.
Localización de información nunha páxina web mediante a opción Vista xeral de
páxina
1 Prema 8. Abrirase unha imaxe en miniatura da páxina web actual.
2 Móvase pola imaxe en miniatura desprazándose cara arriba, abaixo, á esquerda ou
á dereita.
Internet 87
3 Cando atope unha sección que desexe ver, seleccione
Aceptar
para dirixirse a esa
sección na páxina web.