Nokia E52 - Seguridade da conexión

background image

Seguridade da conexión

Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante unha conexión, significa que a

transmisión de datos entre o dispositivo e a pasarela da Internet ou o servidor está

cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos entre a pasarela e o servidor

de contido (onde se almacenan os datos) é segura. O fornecedor de servizos protexe a

transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados de seguridade nalgúns servizos,

como os servizos de banca. Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón

do certificado de seguridade correcto no teléfono, recibirá unha notificación. Para obter

máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos

relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos

correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia dun

certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado debe

dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar a

seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado

caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado debera

ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o propietario

do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.