Nokia E52 - Mensaxería

background image

Mensaxería

Seleccione

Menú

>

Mensaxería

.

En Mensaxería (servizo de rede) pode enviar e recibir mensaxes de texto, multimedia,

de audio e de correo electrónico. Tamén pode recibir mensaxes do servizo de web,

mensaxes de difusión celular, mensaxes especiais con datos e comandos do servizo de

envío.
É posible que teña que facer o seguinte antes de enviar ou recibir mensaxes:

Insira unha tarxeta SIM válida no dispositivo e sitúese dentro da zona de servizo

dunha rede de telefonía móbil.

Verifique que a rede admite as funcións de mensaxes que quere utilizar e comprobe

que están activadas na tarxeta SIM.

Configure o punto de acceso a Internet no dispositivo.

Configure a conta do correo electrónico no dispositivo.

Configure as mensaxes de texto no dispositivo.

Configure as mensaxes multimedia no dispositivo.

É posible que o dispositivo recoñeza o fornecedor da tarxeta SIM e que configure

automaticamente algúns axustes de mensaxe. Se non é así, pode que teña que definir

os axustes manualmente ou poñerse en contacto co fornecedor de servizos para que lle

configure os axustes.