Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Tamaño da imaxe — Escale imaxes en mensaxes multimedia.
Modo creación MMS — Seleccione
Restrinxido
para configurar o seu dispositivo para
evitar a inclusión nas súas mensaxes multimedia de contido que poida non ser admitido
pola rede ou o dispositivo receptor. Para recibir advertencias sobre a inclusión de tales
contidos, seleccione
Guiado
. Para crear unha mensaxe multimedia sen restricións no
tipo de anexo, seleccione
Libre
. Se selecciona
Restrinxido
, non é posible crear
presentacións multimedia.
Punto de acceso en uso — Seleccione o punto de acceso predeterminado para
conectarse co centro de mensaxes multimedia. Se o fornecedor de servizos
preestableceu o punto de acceso predeterminado, pode que non sexa posible
modificalo.
Recuperación multimedia — Permite seleccionar como desexa recibir as mensaxes,
se está dispoñible. Seleccione
Sempre automática
para recibir sempre mensaxes
multimedia automaticamente,
Auto. rede propia
para recibir notificacións dunha nova
mensaxe multimedia que pode recuperar do centro de mensaxes (por exemplo, cando
viaxa ao estranxeiro e está fóra da súa rede doméstica),
Manual
para recuperar
mensaxes multimedia do centro de mensaxes manualmente ou
Desactivada
para
evitar a recepción de calquera mensaxe multimedia. É posible que a recuperación
automática non se admita en todas as rexións.
Permitir mens. anónimas — Permite recibir mensaxes de remitentes descoñecidos.
Recibir publicidade — Permite recibir mensaxes definidas como anuncios.
Informes recepción — Permite solicitar avisos de entrega e lectura das mensaxes
enviadas (servizo de rede). É posible que non poida recibir un informe de entrega dunha
mensaxe multimedia enviado a un enderezo de correo electrónico.
Mensaxería 63
Denegar envío informes — Seleccione
Si
para non enviar os informes de entrega das
mensaxes multimedia recibidas dende o seu dispositivo.
Validez das mensaxes — Seleccione durante canto tempo desexa que o centro de
mensaxes tente enviar a mensaxe (servizo de rede). Se o destinatario da mensaxe non
se pode atopar dentro deste período de validez, a mensaxe se borra do centro de
mensaxes multimedia.
Tempo máximo
e o período de tempo máximo permitido pola
rede.
O dispositivo require soporte de rede para indicar que se recibiu ou leu unha mensaxe
enviada. Dependendo da rede e doutras circunstancias, é posible que esta información
non sexa sempre fiable.