Lector de mensaxes
Co Lector de mensaxes pode escoitar mensaxes de texto, multimedia, de son e de correo
electrónico.
Para escoitar mensaxes ou correo novos, na pantalla de inicio manteña premida a tecla
de selección esquerda ata que se abra o Lector de mensaxes.
Para escoitar unha mensaxe da súa caixa de entrada, desprácese ata a mensaxe e
seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para escoitar unha mensaxe de correo electrónico da
súa caixa de correo, desprácese ata a mensaxe e seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para
finalizar a lectura, prema a tecla Rematar.
Mensaxería 59
Para facer unha pausa e continuar a lectura, prema a tecla de desprazamento. Para pasar
á seguinte mensaxe, desprácese á dereita. Para volver reproducir a mensaxe ou o correo
electrónico actuais, desprácese á esquerda. Para saltar á mensaxe anterior, desprácese
á esquerda no principio da mensaxe.
Para ver a mensaxe ou o correo electrónico actuais en formato de texto sen o son,
seleccione
Opcións
>
Ver
.