Recibir e responder a mensaxes multimedia
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Consello: Se recibe mensaxes multimedia que conteñen obxectos non admitidos polo
dispositivo, non poderá abrilos. Probe a envialos a outro dispositivo, como un
ordenador, e ábraos alí.
1 Para responder a unha mensaxe multimedia, ábraa e seleccione
Opcións
>
Responder
.
2 Seleccione
Ao remitente
para responderlle ao remitente,
A todos
para
responderlles a todas as persoas incluídas na mensaxe recibida,
Por mensaxe de
audio
para responder cunha mensaxe de audio ou
Por correo
para responder
cunha mensaxe de correo electrónico. A mensaxe de correo electrónico só está
dispoñible se hai unha caixa do correo configurada e se a mensaxe se envía desde
un enderezo de correo electrónico.
3 Introduza o texto da mensaxe e seleccione
Opcións
>
Enviar
.