Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización de almacenaxe para todos os videoclips da aplicación
Centro de vídeo. É posible obter unha lista dos videoclips descargados e dos gravados
coa cámara do teléfono en vistas separadas.
1 Para abrir un cartafol e ver videoclips, utilice a tecla de desprazamento. Durante a
reprodución do videoclip, utilice a tecla de desprazamento e as teclas de selección
para controlar o reprodutor de vídeo.
138 Multimedia
2 Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Proseguir descarga — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
Detalles do vídeo — Ver información sobre un videoclip.
Buscar — Buscar un videoclip. Introduza un termo de busca que coincida co nome do
ficheiro.
Mostrar pola rede propia — Reproducir un videoclip descargado nunha rede
doméstica compatible. Primeiro cómpre configurar a rede doméstica.
Estado da memoria — Ver o total de memoria libre e en uso.
Ordenar por — Ordenar videoclips. Seleccione a categoría desexada.
Mover e copiar — Mover ou copiar videoclips. Seleccione
Copiar
ou
Mover
e a situación
desexada.