Ver e descargar videoclips
Conectarse aos servizos de vídeo
1 Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Centro víd.
.
2 Para conectarse a un servizo para instalar servizos de vídeo, seleccione
Engadir
novos servizos
e o servizo de vídeo desexado no catálogo de servizos.
Ver un videoclip
Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados, seleccione
Fontes de vídeo
.
O contido dalgúns servizos de vídeo está dividido en categorías. Para examinar
videoclips, seleccione unha categoría.
Para buscar un videoclip no servizo, seleccione
Busca de vídeos
. É posible que a busca
non estea dispoñible en tódolos servizos.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias mediante unha conexión polo
aire, pero outros cómpre descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar un
videoclip, seleccione
Opcións
>
Descargar
. As descargas continúan en segundo plano
se sae da aplicación. Os videoclips descargados gárdanse en Os meus vídeos.
Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un descargado, seleccione
Opcións
>
Reproducir
.
Cando a reprodución do videoclip está en marcha, use as teclas de selección e a tecla de
desprazamento para controlar o reprodutor.
Para axustar o volume, use a tecla de volume.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Proseguir descarga — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
Vista previa — Ver unha vista previa dun videoclip. Esta opción está dispoñible se a
admite o servizo.
Detalles do vídeo — Ver información sobre un videoclip.
Actualizar lista — Actualice a lista de videoclips.
Abrir enlace no explor. — Abrir un enlace no navegador web.
Multimedia 137
Programar descargas
A configuración da aplicación para descargar videoclips automaticamente pode implicar
a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Para programar unha descarga automática de videoclips nun servizo, seleccione
Opcións
>
Programar descargas
.
O Centro de vídeo de Nokia descarga automaticamente videoclips novos diariamente á
hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas, seleccione
Descarga manual
como o método
de descarga.