
Barra de ferramentas activa
A barra activa de ferramentas só está dispoñible se seleccionou unha imaxe ou un
videoclip nunha vista.
Na barra activa de ferramentas, vaia aos diferentes elementos e seleccione a opción
requirida. As opcións dispoñibles poden variar dependendo da vista na que se encontra
e de se seleccionou unha imaxe ou un videoclip.
Para ocultar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Ocultar barra ferrament.
.
Para activar a barra activa de ferramentas cando está oculta, prema a tecla de
desprazamento.
Seleccione unha imaxe ou un videoclip e unha das opcións seguintes:
Ver a imaxe en modo apaisado ou retrato.
Reproducir o videoclip.
Enviar a imaxe ou o videoclip.
Cargar a imaxe ou o videoclip a un álbum en liña compatible (só dispoñible se
ten configurada unha conta para un álbum en liña compatible).
Engadir os elementos a un álbum.
Xestionar etiquetas e outras propiedades do elemento.