Impresión de imaxes
Para imprimir imaxes coa función Impresión imaxes, seleccione a imaxe que desexe
imprimir e a opción de impresión en Fotos, na cámara, no editor de imaxes ou no visor
de imaxes.
Utilice a función Impresión imaxes para imprimir as imaxes mediante un cable de datos
USB compatible ou a conectividade Bluetooth. Tamén pode imprimir imaxes por medio
da LAN sen fíos. Se se insire unha tarxeta de memoria compatible, pode gardar nela as
imaxes e imprimilas por medio dunha impresora compatible.
Só se poden imprimir imaxes co formato .jpeg. As imaxes capturadas coa cámara
gárdanse automaticamente co formato .jpeg.