Ver imaxes e vídeos
Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Galería
>
Imaxes
e unha das opcións seguintes:
Todos — Permite ver todas as imaxes e vídeos.
Capturadas — Permite ver as imaxes capturadas e os videoclips gravados coa cámara
do dispositivo.
Descargas — Ver videoclips descargados.
Un dispositivo compatible tamén lle pode enviar imaxes e videoclips. Para poder ver
unha imaxe ou un videoclip recibido en Fotos, debe gardalos primeiro.
Os ficheiros de imaxe e de videoclips atópanse nun bucle e ordénanse segundo a data
e a hora. Amósase o número de ficheiros. Para examinar os ficheiros un a un, desprácese
á esquerda ou á dereita. Para buscar ficheiros en grupos, desprácese arriba ou abaixo.
Multimedia 125
Para abrir un ficheiro, seleccióneo. Utilice as teclas Zoom para ampliar ou reducir a imaxe
cando esta se abre. A relación de zoom non se garda permanentemente.
Para editar unha imaxe ou un videoclip, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Para ver onde se capturou unha imaxe marcada con , seleccione
Opcións
>
Amosar
no mapa
.
Para imprimir as imaxes nunha impresora compatible, seleccione
Opcións
>
Ir á
impresora
.
Para mover imaxes a un álbum e imprimilas máis tarde, seleccione
Opcións
>
Engadir
ó álbum
>
Impr. desp.
.