Escoitar emisoras de radio pola Internet
Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Radio
>
Radio de Internet
.
Para escoitar unha emisora de radio pola Internet, siga os pasos que se describen a
continuación:
1 Seleccione unha emisora das súas favoritas ou do directorio de emisoras, ou
búsqueas segundo o seu nome no servizo Radio pola Internet de Nokia.
Para engadir manualmente unha emisora, seleccione
Opcións
>
Eng. emis.
manualm.
. Ademais, pode buscar ligazóns a emisoras mediante a aplicación de
navegador web. As ligazóns compatibles ábrense automaticamente na aplicación
Radio pola Internet.
2 Seleccione
Opcións
>
Escoitar
.
Abrirase a vista Reproducindo e amosarase información acerca da emisora e a
canción que se están reproducindo nese momento.
Para facer unha pausa na reprodución, prema a tecla de desprazamento; para continuar,
prema a tecla de desprazamento de novo.
Para ver a información da emisora, seleccione
Opcións
>
Información emisora
(non
dispoñible se gardou a emisora manualmente).
Se está escoitando unha emisora gardada nos seus favoritos, desprácese á esquerda ou
á dereita para escoitar a emisora anterior ou posterior gardada.