Crear entradas de axenda
Seleccione
Menú
>
Axenda
.
Pode crear os seguintes tipos de entradas de axenda:
•
As entradas de encontros lémbranlle os acontecementos que teñen lugar nunha
data e hora determinadas.
•
As solicitudes de encontro son invitacións que pode enviar aos participantes. Antes
de poder crear solicitudes de encontro debe ter unha caixa do correo compatible
configurada no dispositivo.
•
As entradas de memorando son para acontecementos relativos ao día sen
especificar a hora.
•
As entradas de aniversario lémbranlle os aniversarios e as datas especiais. Refírense
a un día determinado pero non a unha hora concreta do día. As entradas de
aniversario repítense todos os anos.
•
As entradas de tarefas lémbranlle unha tarefa que debe facerse antes dunha data
determinada pero non a unha hora concreta do día.
Para crear unha entrada de axenda, seleccione a data,
Opcións
>
Nova entrada
e o
tipo de entrada.
Para axustar a prioridade das entradas de encontro, seleccione
Opcións
>
Prioridade
.
Para definir como tratar a entrada durante a sincronización, seleccione
Privados
para
ocultar a entrada aos visitantes se a axenda está dispoñible en liña,
Públicos
para facer
a entrada visible aos visitantes ou
Ningún
para non copiar a entrada no ordenador.
Para enviar a entrada a un dispositivo compatible, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Para solicitar un encontro dunha entrada de encontro, seleccione
Opcións
>
Engadir
participantes
.