Buscar contactos nunha base de datos remota
Para activar a busca remota de contactos, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Contactos
>
Servidor busca remota
. Cómpre definir un servidor remoto para poder
efectuar buscas remotas de contactos.
Para buscar contactos nunha base de datos remota, seleccione
Contactos
>
Opcións
>
Busca remota
. Introduza o nome do contacto que desexa buscar e seleccione
Buscar
.
O dispositivo establece unha conexión de datos cunha base de datos remota.
Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza os caracteres na pantalla e
seleccione a base de datos entre as coincidencias propostas.
Para cambiar a base de datos remota de contactos, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Contactos
>
Servidor busca remota
. Este axuste afecta á base de datos empregada
nas aplicacións Contactos e Axenda e na pantalla de inicio, pero non afecta á base de
datos empregada para o correo electrónico.