Multitarefas
Pode ter abertas varias aplicacións ao mesmo tempo. Para cambiar entre as aplicacións
activas, manteña premida a tecla de inicio, desprácese a unha aplicación e prema a tecla
de desprazamento. Para pechar a aplicación seleccionada, prema a tecla de retroceso.
Exemplo: Cando teña unha chamada de teléfono activa e desexe comprobar a súa
axenda, prema a tecla de inicio para acceder ao menú e abra a aplicación Axenda. A
chamada seguirá activa en segundo plano.
Exemplo: Cando estea a escribir unha mensaxe e desexe comprobar un sitio web, prema
a tecla de inicio para acceder ao menú e abra a aplicación Web. Seleccione un favorito
ou introduza o enderezo web manualmente e seleccione
Ir a
. Para volver á súa mensaxe,
manteña premida a tecla de inicio, desprácese á mensaxe e prema a tecla de
desprazamento.