Nokia E52 - Traballar na pantalla de inicio

background image

Traballar na pantalla de inicio

Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza os primeiros caracteres do nome

do contacto. Ao introducilos, prema cada tecla unha vez. Por exemplo, para introducir

"Eric", prema 3742. O dispositivo amosa os contactos que coincidan co introducido.

Para cambiar entre os modos alfabético e numérico, seleccione

Opcións

>

Modo

alfabético

ou

Modo numérico

.

Seleccione o contacto requirido na lista dos resultados suxeridos. Pode que esta función

non estea dispoñible en todos os idiomas.

Novidades dos Eseries de Nokia 41

background image

Para chamar ao contacto, prema a tecla Chamar.

Para desactivar a busca de contactos, seleccione

Opcións

>

Busca contactos desact.

.

Para ver se recibiu mensaxes, seleccione o cadro de mensaxes da área de notificacións.

Para ler unha mensaxe, selecciónea. Para acceder a outras tarefas, desprácese á dereita.

Para ver se ten chamadas perdidas, seleccione o cadro de chamadas da área de

notificacións. Para devolver unha chamada, seleccione a chamada e prema a tecla

Chamar. Para enviar unha mensaxe de texto ao emisor da chamada, seleccione a

chamada, desprácese á dereita e seleccione

Enviar mensaxe

para obter unha lista das

funcións dispoñibles.

Para escoitar o correo de voz, seleccione o cadro de correo de voz da área de

notificacións. Seleccione a caixa do correo de voz requirida e prema a tecla Chamar.