Tecla inicio
Para acceder á pantalla de inicio, prema un intre a tecla inicio. Prema de novo
brevemente a tecla inicio para acceder ao menú.
Para ver a lista de aplicacións activas, prema a tecla inicio durante uns segundos. Cando
se abra a lista, prema un intre a tecla inicio para desprazarse pola lista. Para abrir a
aplicación seleccionada, prema a tecla inicio durante uns segundos ou ben prema a tecla
de desprazamento. Para pechar a aplicación seleccionada, prema a tecla de retroceso.
42 Novidades dos Eseries de Nokia
Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía e
reduce a duración da batería.