Perfís
.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons de aviso e outros tons do
dispositivo para distintos eventos, contornos ou grupos de persoas que chaman. O perfil
activo amósase na parte superior da pantalla de inicio. Se o perfil activo é Xeral só
amosarase a data de hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione
Opcións
>
Crear novo
e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Personalizar
.
Para activar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Activar
.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora determinada nas vindeiras 24 horas,
desprácese ao perfil, seleccione
Opcións
>
Temporizado
e fixe a hora. Cando se supere
a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao perfil sen límite de tempo activado
anteriormente. Cando se programa un perfil, amósase na pantalla de inicio. O perfil
Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións
>
Borrar perfil
. Non se
poden eliminar os perfís predefinidos.
Ao activar o perfil Desconectado, a conexión coa rede móbil péchase. Impídese o envío
e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o dispositivo e a rede móbil. Se
intenta enviar unha mensaxe, colócase na carpeta de Caixa de saída e soamente se
envían cando está activado outro perfil.
Tamén pode utilizar o seu dispositivo sen unha tarxeta SIM. Se retira a tarxeta SIM,
activarase o perfil Desconectado.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir
chamadas, nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil.
Sen embargo, poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado
no dispositivo. Para efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a función do teléfono
mediante a modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira o código de
bloqueo.
Cando utilice o perfil Desconectado, aínda poderá utilizar unha rede LAN sen fíos (WLAN),
por exemplo, para ler o seu correo electrónico ou para navegar pola Internet. Tamén
pode utilizar a conectividade Bluetooth. Non esqueza cumprir os requisitos de
seguridade aplicables ao establecer e utilizar conexións WLAN ou Bluetooth.
Personalización 35