Nokia E52 - Personalizar perfís

background image

Personalizar perfís

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Perfís

.

Seleccione

Opcións

>

Personalizar

e unha das opcións seguintes:

Ton de chamada — Seleccione un ton de chamada na lista ou seleccione

Descargar

sons

para abrir un cartafol de favoritos que conteña unha lista de favoritos para

descargar tons usando o navegador. Se está a usar dúas liñas telefónicas alternas, pode

especificar un ton de chamada para cada liña.

Ton de videochamada — Seleccionar un ton de chamada para as videochamadas.

Dicir nome do chamante — Se selecciona esta opción e algún dos seus contactos o

chama, o dispositivo emite un ton de chamada que é unha combinación do nome falado

do contacto e do ton de chamada seleccionado.

Tipo de ton — Seleccionar a alerta do ton de chamada.

Volume do ton — Seleccionar o nivel de volume do ton de chamada.

Ton de aviso de mensaxe — Seleccionar un ton para as mensaxes de texto recibidas.

Ton de aviso de correo — Seleccionar un ton para as mensaxes de correo electrónico

recibidas.

Aviso por vibración — Axustar o dispositivo para que vibre ao recibir unha chamada

ou unha mensaxe.

Tons do teclado — Selecciona o nivel de volume dos tons do teclado.

Tons de advertencia — Permite desactivar os tons de advertencia. Este axuste afecta

aos tons de algúns xogos e aplicacións Java™.

Alerta para — Axustar o dispositivo para que só emita unha melodía ao recibir

chamadas dun grupo de contactos seleccionado. As chamadas telefónicas que non

pertencen a ese grupo teñen unha alerta silenciosa.

36 Personalización

background image

Ton aviso chamada PPF — Permite seleccionar un ton de chamada para as chamadas

de PPF.

Estado de PPF — Permite axustar o estado de PPF en cada perfil.

Nome do perfil — Pode designar un perfil novo ou cambiarlle o nome a un perfil

existente. Non se pode cambiar o nome dos perfís Xeral nin Fóra de liña.