Nokia E52 - Acender o dispositivo por primeira vez

background image

Acender o dispositivo por primeira vez

1 Prema e manteña pulsada a tecla Acender ata que sinta que o dispositivo vibra.

2 Se así se require, introduza o código PIN ou o código de bloqueo e seleccione

Aceptar

.

3 Se así se require, introduza o país no que se atopa e a data e hora actuais. Para

atopar o país, introduza as primeiras letras do nome do país. É importante

18 Primeiros pasos

background image

seleccionar o país correcto porque as entradas de axenda fixadas poden variar se

posteriormente cambia de país e o país novo está situado noutra zona horaria.

4 A aplicación Configuración do teléfono ábrese. Para configurar unha aplicación,

seleccione

Iniciar

. Para saltar as aplicacións de configuración, seleccione

Saltar

varias veces. Para abrir máis tarde a aplicación Configuración do teléfono, seleccione

Menú

>

Axuda

>

Config. do tf.

.

Para configurar os diferentes axustes do dispositivo, utilice os asistentes de

configuración dispoñibles na pantalla de inicio e na aplicación Asistente de axustes. Ao

acender o dispositivo, é posible que este recoñeza o fornecedor da tarxeta SIM e que

configure algúns axustes automaticamente. Tamén se pode poñer en contacto co

fornecedor de servizos para obter os axustes correctos.

O dispositivo pódese acender sen inserir unha tarxeta SIM. O dispositivo acéndese no

perfil de fóra de liña e non é posible utilizar as funcións do teléfono que dependen da

rede.

Para apagar o dispositivo, prema e manteña pulsada a tecla Acender.